María del Carmen Pallares Méndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

María del Carmen Pallares Méndez, nada en Agolada o 7 de febreiro de 1948, é unha historiadora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutorouse en Historia. É catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).

Obras[editar | editar a fonte]

  • El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social, 1971 (con Ermelindo Portela Silva).
  • El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval, 1979.
  • Galicia na época medieval, 1991 (con Ermelindo Portela Silva).
  • A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500), 1993.
  • De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder, 1993 (con Ermelindo Portela Silva).
  • Ilduara, una aristócrata del siglo X, 1998.
  • Historia das mulleres en Galicia. Idade Media, 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]