María Teresa Ferrari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Teresa Ferrari

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte30 de outubro de 1956 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
EducaciónFacultade de Medicina da Universidade de Bos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica escritora (1911–), profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1904 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata

María Teresa Ferrari de Gaudino, nada en Bos Aires o 11 de outubro de 1887 e finada o 30 de outubro de 1956, foi unha médica arxentina, a primeira muller catedrática de universidade no seu país e en América Latina.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Obtivo o título de mestra en 1903. En 1904 obtivo o título de graduada no Colexio Nacional de Buenos Aires, sendo unha das primeiras mulleres en facelo. Ingresou na Facultade de Medicina e na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires. Ao ano seguinte ofrecéronlle ser mestra na Escola Normal No. 3 e permaneceu no cargo corenta e tres anos.[3]

En 1911 recibiu a súa licenciatura en medicina. Tres anos despois conseguiu ingresar na cátedra de clínica obstétrica da Facultade en 1914. Competiu durante tres anos por unha praza de profesora e finalmente conseguiuna en 1927.

Realizou estudos de posgrao en Europa, onde asistiu ao curso de Marie Curie en París . O seu tema de tese de profesorado foi o tratamento dos tumores xenitais mediante o radio.[4]

En 1925 creou a maternidade do Hospital Militar Central e en 1936 a Federación Arxentina de Mulleres Universitarias e presidiu durante dez anos.[5]

Participou como membro en varias asociacións médicas do país e do estranxeiro.

En 1952 xubilouse pero non definitivamente. Continuou exercendo a súa profesión e viaxando ao estranxeiro ata a súa morte en 1956.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Federacion Argentina de Mujeres Universitarias". 21 de xuño de 2014. Archived from the original on 21 de xuño de 2014. Consultado o 23 de novembro de 2019. 
  2. ""Una inteligencia bien disciplinada llega a todo lo que la voluntad se propone"". 
  3. "Semana de la Mujer: Dra. María Teresa Ferrari" (en castelán). 2020-03-06. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2022. Consultado o 2021-05-31. 
  4. "El nombre de qué mujer llevará la nueva calle de Palermo" (en castelán). 2019-07-02. Consultado o 2021-05-31. 
  5. "Una académica entre tantos hombres". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2021. Consultado o 2021-05-31.