María José Pizarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría José Pizarro

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1978 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Bogotá, Colombia Editar o valor em Wikidata
Membro da Cámara de Representantes de Colombia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeColombia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoThe Decency List (en) Traducir
Colômbia Humana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiCarlos Pizarro Leongómez Editar o valor em Wikidata

Facebook: PizarroMariaJo Twitter: PizarroMariaJo Instagram: pizarromariajo Editar o valor em Wikidata

María José Pizarro Rodríguez, nada en Bogotá o 30 de marzo de 1978,[1] é unha artista plástica, activista e política colombiana. Dende o 20 de xullo de 2022 exerce o cargo de Senadora da República de Colombia, en representación do Pacto Histórico. Entre 2018 e 2022 foi membro da Cámara de Representantes.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 30 de marzo de 1978, na cidade colombiana de Bogotá. Filla de Myriam Rodríguez e do exguerrillero e máximo líder do Movemento 19 de Abril (M-19), Carlos Pizarro Leongómez quen foi asasinado cando era candidato presidencial.[3]

Durante a súa infancia e mocidade tivo que vivir no exilio, entre Colombia, Ecuador, Nicaragua e Francia.[4] Regresou a Colombia cando o seu pai era candidato para as eleccións presidenciais de 1990 e volveu ao exilio despois o seu asasinato. En 2002 volveu un tempo do exilio e estabeleceuse en España para volver definitivamente ao país en 2010.[5] Realizou unha exposición no Museo Nacional de Colombia chamada: Ya vuelvo: Carlos Pizarro, una vida pola paz, que se presentouse en Bogotá, Cali e Barcelona.[6]

Ten estudos en xoiaría[7] e artes plásticas. Traballou coa Secretaría de Cultura, recreación e deporte de Bogotá (2011-2013), o Centro Nacional de Memoria Histórica (2013-2017) e como activista a prol da paz, a memoria histórica e en homenaxe ás vítimas do conflito armado en Colombia. Dedicou boa parte do seu traballo a reconstruír a memoria do seu pai.[8][9][10]

Congresista[editar | editar a fonte]

María José Pizarro apoiando a lista de Colombia Humana - UP ao concello de Bogotá.

Postulouse nas eleccións lexislativas de Colombia de 2018 como membro da Cámara de Representantes, pola Lista da Decencia en Bogotá, obtendo a cuarta maior votación con 78 mil votos.[11] Tomou posesión do seu cargo o 20 de xullo do mesmo ano.

Postulouse nas eleccións lexislativas de Colombia de 2022, pola coalición Pacto Histórico nunha cota do partido MAIS.[12][13] Resultou elixida e tomou posesión o 20 de xullo do mesmo ano.

O 7 de agosto de 2022, na súa calidade de senadora, púxolle a banda presidencial ao presidente Gustavo Petro.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La correspondencia secreta de Carlos Pizarro". El Espectador. 24 de abril de 2015. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  2. "Entrevista con María J. Pizarro, elegida a la Cámara por Decentes". El Tiempo. 13 de marzo de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  3. Padilla, Nelson (19 de maio de 2012). "El escritor y el guerrillero". El Espectador. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  4. "Carlos, mi papá. Memorias de María José Pizarro". Hacemos Memoria (en castelán). 6 de xuño de 2019. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  5. "María José Pizarro: en el nombre del padre". ELESPECTADOR.COM (en castelán). 14 de novembro de 2010. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  6. "MARÍA JOSÉ PIZARRO. La revolución sin balas de la hija de un comandante guerrillero, desde el Congreso". TELESANTANDER (en castelán). 14 de marzo de 2018. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  7. "Función Pública". www.funcionpublica.gov.co (en castelán). Consultado o 2 de abril de 2020. 
  8. "MARÍA JOSÉ PIZARRO Colombia Check". 
  9. "“Necesitamos sanar nuestra sociedad con la verdad”: María Pizarro". www.eluniversal.com.co (en castelán). 25 de marzo de 2019. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  10. "Perfil | Maria José Pizarro" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2021. Consultado o 2 de abril de 2020. 
  11. "Entrevista con María J. Pizarro, elegida a la Cámara por Decentes". El Tiempo. 13 de marzo de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  12. Torrado, Santiago (2022-02-27). "María José Pizarro: “Las mujeres vamos a ser el rostro de la política progresista latinoamericana”". El País (en castelán). Consultado o 2022-04-13. 
  13. Tiempo, Casa Editorial El. "Elecciones 2022: así quedaría conformado el Senado". Portafolio.co (en castelán). Consultado o 2022-04-13. 
  14. "María José Pizarro impuso la banda presidencial a Gustavo Petro, rompió en llanto y recordó a su papá, excomandante del M-19". Semana.com Últimas Noticias de Colombia y el Mundo (en castelán). 2022-08-07. Consultado o 2022-08-08.