Manuel Masdías
(Redirección desde «Manuel Masdías Sánchez»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1899 Irixoa, España |
Morte | 11 de xaneiro de 1971 (72 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | catedrático , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Masdías Sánchez, nado en Churío (Irixoa) o 2 de xaneiro de 1899 e finado en Ferrol o 11 de xaneiro de 1971,[1] foi un escritor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou no colexio Dequidt da Coruña e licenciouse en Filosofía e Letras. Foi mestre nacional e exerceu a docencia en Ferrol en centros públicos e privados da cidade: Instituto, Rapariz, Tirso de Molina e fundou a Academia Masdías. Colaborou na prensa e cultivou a poesía e o teatro. Compuxo a letra do Himno de Ferrol en 1931.
Obras[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Cúmulos.
- Insignificancias.
Teatro[editar | editar a fonte]
- El express Ferrol-Gijón o los sueños, sueños son.
- De Ferrol marcha a París una hermosísima miss.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Rosa Quíntela Dobarro e foi pai de Rosa, José Luis e Antonio Enrique Masdías Quíntela.
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- Un colexio público de Ferrol leva o seu nome.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Man Castro "Manuel Masdías, un exemplo de humanismo", galiciadigital.com, 3 de abril de 2015
- ↑ C.E.I.P. Manuel Masdías Ferrol.