Manuel García Monteagudo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel García Monteagudo
Biografía
Nacemento1941 Editar o valor em Wikidata
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de abril de 2004 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Bembibre, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Val do Dubra
1987 – 1991
← José Pombo GrilleJuan Manuel Baleato → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , político Editar o valor em Wikidata


Manuel José García Monteagudo, nado en 1941 en Carballo e finado en Bembibre (Val do Dubra) o 16 de abril de 2004[1], foi un político e farmacéutico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Farmacia, realizou tamén estudos de agricultura e economía agraria. Afincado en Val do Dubra e propietario dunha farmacia en Bembibre, en 1967 levou a cabo unha campaña entre os veciños do municipio dubrés acerca das vantaxes do Plan de Ordenación Rural, que derivou en enfrontamentos contra o servizo de concentración parcelaria, que supuxo a súa e mais outras detencións[2].

No 1979 conformou xunta con outros veciños a Agrupación Electoral Independente, formando parte da súa candidatura nas eleccións municipais e resultando ser a segunda forza máis votada, relativamente cerca da UCD que logrou unha axustada maioría absoluta, sendo elixido concelleiro. Nas municipais de 1983 volveu a ser elixido concelleiro, sendo nesta ocasión a forza a máis votada e empatando a 6 concelleiros con AP (que encabezaba o alcalde centrista saínte Celestino Pais Puga). Porén, a súa formación non logrou a alcaldía debido a que os aliancistas apoiaron o único concelleiro socialista José Pombo Grille. En outubro de 1985 integrouse xunta o seu grupo político en Coalición Galega[3], sendo o candidato ó Congreso nas xerais de 1986. Posteriormente aliñaríase co sector de Pablo González Mariñas e pasaría a formar parte do PNG.

Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura do PNG á alcaldía, sendo a segunda forza máis votada por detrás de AP e logrando a alcaldía grazas a un pacto coa CPG. Nas municipais de 1991 volveu a concorrer á alcaldía a través da CNG, sendo a terceira forza máis votada tralo PPdeG e o PSdeG-PSOE, aínda que houbo bastante igualdade entre ditas tres forzas. Desta forma perdeu a alcaldía fronte ó popular Juan Manuel Baleato, que a asumiu como forza máis votada. En agosto de 1992 chegouse a un pacto de goberno entre os populares e a CNG, sendo García Monteagudo portavoz do goberno[4]. Presentouse ás municipais de 1995 a través da Agrupación Dubresa Independente, conseguindo tan só un concelleiro e logrando o PPdeG maioría absoluta, polo que pasou á oposición e se retirou da política ó final do mandato.


Predecesor:
José Pombo Grille
 
Alcalde de Val do Dubra
 
1987 - 1991
Sucesor:
Juan Manuel Baleato

Vida Persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Dolores Pensado Grille e tiveron 4 fillos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 17-4-2004, p. 29.
  2. Entrevista en La Voz de Galicia ed. Santiago, 8-7-1987, p. 29.
  3. Entrevista en La Voz de Galicia, 28-10-1985, p. 13.
  4. Nova en La Voz de Galicia ed. Santiago, 6-8-1992, p. 30.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]