Mahathir bin Mohamad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mahathir Mohamad»)
Infotaula de personaTun Editar o valor em Wikidata
Mahathir bin Mohamad
Orde Real Familiar de Kedah Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1925 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Alor Setar (Estados Malaios Não-Federados) Editar o valor em Wikidata
Q110133371 Traducir
10 de maio de 2018 – 24 de febreiro de 2020
Primeiro ministro de Malaisia
10 de maio de 2018 – 1 de marzo de 2020
← Najib Razak (pt) TraducirMuhyiddin Yassin →
21º Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
20 de febreiro de 2003 – 31 de outubro de 2003
← Thabo MbekiAbdullah Ahmad Badawi →
Minister of Finance 2 (en) Traducir
5 de xuño de 2001 – 2 de novembro de 2003
Minister of Finance 2 (en) Traducir
2 de setembro de 1998 – 7 de xaneiro de 1999
Minister of Home Affairs (en) Traducir
8 de maio de 1986 – 8 de xaneiro de 1999
← Musa Hitam (en) TraducirAbdullah Ahmad Badawi →
Minister of Defence (en) Traducir
18 de xullo de 1981 – 6 de maio de 1986
← Abdul Taib Mahmud (en) TraducirAbdullah Ahmad Badawi →
Primeiro ministro de Malaisia
16 de xullo de 1981 – 31 de outubro de 2003
← Hussein OnnAbdullah Ahmad Badawi →
Q110133371 Traducir
16 de xullo de 1981 – 30 de outubro de 2003
Minister of International Trade and Industry (en) Traducir
1 de xaneiro de 1978 – 16 de xullo de 1981
← Hamzah Abu Samah (en) Traducir
Deputy Prime Minister of Malaysia (en) Traducir
5 de marzo de 1976 – 16 de xullo de 1981
← Hussein OnnMusa Hitam (en) Traducir →
Minister of Education (en) Traducir
5 de setembro de 1974 – 31 de decembro de 1977
← Mohamed Yaacob (en) TraducirMusa Hitam (en) Traducir →
Member of the Dewan Negara (en) Traducir
30 de decembro de 1972 – 23 de agosto de 1974
Member of the Dewan Rakyat (en) Traducir

Lexislatura: 14th Malaysian Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Langkawi (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMalaisia Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaNacionalismo econômico (pt) Traducir e neutralism (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity of Malaya (en) Traducir (–1953)
Universidade Nacional de Singapura (pt) Traducir
Yong Loo Lin School of Medicine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , médico , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoParti Bumiputera Perkasa Malaysia (en) Traducir (2023–)
Homeland Fighter Party (en) Traducir (2020–2023)
político independente (2020–2020)
Malaysian United Indigenous Party (en) Traducir (2016–2020)
United Malays National Organisation (en) Traducir (–2016) Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioTun M
Dr M Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua malaia e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeSiti Hasmah Mohamad Ali
FillosMarina Mahathir (pt) Traducir, Mirzan Mahathir (en) Traducir, Melinda Mahathir (en) Traducir, Mukhriz Mahathir (pt) Traducir, Mokhzani Mahathir (en) Traducir, Mazhar Mahathir (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMohamad bin Iskandar (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Wan Tempawan Wan Hanapi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHabsah Mohamad (en) Traducir, Murad Mohamad (en) Traducir, Rafeah Mohamad (en) Traducir, Mashahor Mohamad (en) Traducir, Omar Mohamad (en) Traducir, Johora Mohamad (en) Traducir, Mustaffa Mohamad (en) Traducir e Mahadi Mohamad (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webthechedet.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4504250 Facebook: TunDrMahathir Twitter: chedetofficial Instagram: chedetofficial Musicbrainz: 5ef869f6-d103-4aa0-a0f6-575017e10696 Editar o valor em Wikidata

Tun Dr. Mahathir bin Mohamad, nado en Alor Setar o 10 de xullo de 1925[1] é un médico e político malaisiano, cuarto e sétimo primeiro ministro de Malaisia e deputado electo do Parlamento de Malaisia pola circunscrición de Langkawi en Kedah.[2] A súa carreira política esténdese por máis de setenta anos dende que se uniu á acabada de formar Organización Nacional dos Malaios Unidos (UMNO) en 1946,[3] antes de formar o seu propio partido, o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM) en 2016.[4]

Mahathir bin Mohamad.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado e criado en Alor Setar, Kedah, Mahathir sobresaíu na escola e converteuse en médico.[5] Afiliouse á UMNO antes de entrar no parlamento en 1964. Serviu como deputado antes de perder o seu escano e posteriormente inimizouse co primeiro ministro Tunku Abdul Rahman e foi expulsado do partido.[6] Cando Abdul Rahman renunciu ao ser substituído por Abdul Razak Hussein en 1970, Mahathir volveu a incorporarse á UMNO e ao Parlamento, e foi ascendido ao Gabinete. En 1976 converteuse en viceprimeiro ministro e en 1981 xurou o cargo de primeiro ministro.[7]

Durante o seu mandato como primeiro ministro, Malaisia experimentou un período de rápida modernización e crecemento económico, e o seu goberno iniciou unha serie de audaces proxectos de infraestruturas. Mahathir foi unha figura política dominante, baixo o seu liderado, a coalición Barisan Nasional gañou cinco eleccións federais consecutivas e defendeu con éxito o dominio da UMNO antes rivais destacados. Como primeiro ministro, foi un defensor do desenvolvemento do terceiro mundo e un prominente activista internacional.[5]

Mahathir renunciou o 31 de outubro de 2003, sendo o xefe de goberno malaisio con máis anos no cargo.[8] Non obstante, mantívose como unha figura política activa logo do seu retiro. O seu fillo Mukhriz Mahathir foi Menteri Besar (gobernador) do estado de Kedah entre 2013 e 2016.[9] Co paso do tempo, Mahathir converteuse nun crítico estridente do seu sucesor escollido persoalmente, Abdullah Ahmad Badawi, en 2006,[10] e máis tarde Najib Razak en 2015.[11] Tan só dous anos despois da súa renuncia, o Barisan Nasional comezou a experimentar fortes debacles electorais que levaron á perda da maioría de dous terzos en 2008 e a unha derrota por voto popular en 2013 ante a coalición Pakatan Rakyat, dirixida por Anwar Ibrahim, conservando o goberno unicamente grazas ao gerrymandering. Como rexeitamento ás accións da UMNO ao continuar a apoiar ao goberno de Najib a pesar do escándalo que rodeaba a organización 1Malaysia Development Berhad, Mahathir abandonou o partido o 29 de xaneiro de 2016,[12][13][14] sendo seguido por un enorme continxente de políticos oficialistas, entre os que destacaban o seu fillo Mukhriz e o antigo viceprimeiro ministro Muhyiddin Yassin.[15]

O 9 de setembro do mesmo ano anunciou a súa volta á primeira plana política e fundou o Partido Indíxena Unido de Malaisia (PPBM), aprobado ese mesmo día polo Rexistro de Sociedades (RoS).[16] O partido uniuse á coalición opositora Pakatan Harapan (PH) que estaba liderada polo seu antigo aliado que Anwar Ibrahim.[17] Estando este novamente encarcerado dende 2015, Mahathir foi elixido o 8 de xaneiro de 2018 como candidato a primeiro ministro da coalición nas eleccións federais de 2018 en substitución de Anwar,[18] coa promesa de procurar a súa liberación e entregarlle o cargo nun ou en dous anos.[19] A campaña electoral foi dura e caracterizouse por unha serie de insultos persoais entre Najib e Mahathir,[20] que culminou cunha sorprendente e histórica derrota do primeiro ministro e unha maioría absoluta do Pakatan Harapan.[21][22] Mahathir asumiu o cargo o día seguinte, 10 de maio de 2018.[23] Con case 93 anos no momento do seu xuramento converteuse no político de máis idade en ocupar o cargo de primeiro ministro,[24] o primeiro en Malaisia que ocupa o cargo en dúas ocasións non consecutivas e o primeiro goberno alleo á UMNO na historia do país.[25] En febreiro de 2020 anunciou a súa dimisión[26] e o 1 de marzo deixou o cargo sendo substituído por Muhyiddin Yassin.[27]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Profile of Mahathir Mohamad
  2. TAN, TARRENCE (2018-05-10). "It's official, Dr M is Malaysia's seventh PM... and the world's oldest". The Star (en inglés). 
  3. "Meet Mahathir Bin Mohamad, the man who inspired Jack Ma to start Alibaba Group". The Economic Times (en inglés). 2018-06-27. ISSN 0013-0389. 
  4. Firdaws, Nawar (2016-09-09). "Dr Mahathir’s new party officially registered". Free Malaysia Today (en inglés). 
  5. 5,0 5,1 Report, Recorder (2019-03-23). "H.E. Tun Dr. Mahathir bin Mohamad - the visionary and dynamic leader of Malaysia". Brecorder (en inglés). 
  6. Abdul Rahman, Tunku (setembro de 1969). May 13 – Before and After. Kuala Lumpur: Penerbitan Utusan Melayu. pp. 117–121. 
  7. "Dr Mahathir — a true giant of history". The Malaysian Reserve (en inglés). 2018-05-10. 
  8. "Mahathir bows out as Malaysia's PM". edition.cnn.com (en inglés). 2003-10-31. 
  9. Chief, Shannon TeohMalaysia Bureau (2016-02-03). "Mukhriz Mahathir resigns as Kedah Menteri Besar; Ahmad Bashah to take over". The Straits Times (en inglés). ISSN 0585-3923. 
  10. Bangkok, Connie Levett (2006-09-02). "Mahathir challenges his successor". The Age (en inglés). 
  11. Kaos Jr., Joseph (4 de abril de 2015). "Dr M past his quiet stage, asks Najib to step down". The Star (Malaisia). Consultado o 7 de agosto de 2015. 
  12. MURAD, DINA (2016-01-29). "Dr Mahathir quits Umno, again". The Star (en inglés). 
  13. Paddock, Richard C. (2016-02-29). "Mahathir Mohamad Quits Malaysia’s Governing Party, Citing Corruption". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. 
  14. "Mahathir quits Malaysia's ruling UMNO party, protesting corruption". CNBC (en inglés). 2016-02-29. 
  15. "Malaysia's Umno expels Muhyiddin and Mukhriz Mahathir, suspends Shafie Apdal". The Straits Times (en inglés). 2016-06-24. ISSN 0585-3923. 
  16. "ROS approves Parti Pribumi Bersatu Malaysia, it's to be known as ‘PPBM’". Malaysiakini (en inglés). 2016-09-08. 
  17. Harun, Hana Naz (2016-12-13). "PPBM officially signs agreement to join Pakatan Harapan". NST Online (en inglés). 
  18. "Mahathir Mohamad: Ex-Malaysia PM, 92, to run for office" (en inglés). 2018-01-08. p. BBC. 
  19. "Malaysia's 92-year-old PM says he'll stay in office for 1-2 years". Reuters (en inglés). Consultado o 2018-05-15. 
  20. Hunt, Luke (2018-03-23). "Malaysian Politics Get Nasty". thediplomat.com (en inglés). 
  21. Team, NSTP (2018-05-10). "Pakatan Harapan wins 14th General Election". NST Online (en inglés). 
  22. "Malaysia’s opposition pulls off shocking election win". Al Jazeera (en inglés). 2018-05-10. 
  23. Chief, Shannon Teoh Malaysia Bureau; Lumpur, Trinna Leong Malaysia Correspondent In Kuala (2018-05-11). "Mahathir sworn in as Malaysia's 7th Prime Minister". The Straits Times (en inglés). ISSN 0585-3923. 
  24. "Oldest Prime Minister records as Mahathir bin Mohamad becomes Malaysia’s leader aged 92". Guiness World Records (en inglés). 2018-05-11. 
  25. Zuklkipli, Arfa Yunus and Nurlela (2018-05-27). "Becoming PM for second time is harder, frightening: Dr Mahathir". NST Online (en inglés). 
  26. Lee, Yen Nee (2020-02-24). "Malaysia's Prime Minister Mahathir Mohamad submits resignation to the king". CNBC (en inglés). 
  27. "Malaysia gets new PM, Muhyiddin Yassin, after week of turmoil". BBC (en inglés). 1 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]