Maggie Kuhn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1905 Buffalo, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de abril de 1995 (89 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Insuficiencia cardíaca |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | activista |
Premios
|
Maggie Kuhn, nada o 3 de agosto de 1905 en Buffalo (Nova York) e finada o 22 de abril de 1995 en Filadelfia, foi unha activista política estadounidense.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois dunha longa traxectoria profesional ao servizo de distintas asociacións cristiás, como a YWCA e a Igrexa Presbiteriana dos Estados Unidos, foi forzada a retirarse por esta última en 1971 debido á súa avanzada idade. Nese ano funda as Gray Panthers, en galego "Panteiras Grises", dedicada a loitar contra as discriminacións por razón de idade. Maggie Kuhn, que xa caracterizara a súa actividade profesional precedente pola abordaxe do tema da sexualidade en contextos cristiáns, incorpora ás Gray Panthers a cuestión, considerada polémica, da sexualidade nas persoas de idade avanzada.