Macklemore

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Macklemore

Ben Haggerty, nado o 19 de xuño de 1983, máis coñecido polo seu nome artístico como Macklemore, e un rapeiro e músico estadounidense. Comezou independentemente no ano 2000 e agora colabora co produtor Ryan Lewis, o violinista Andrew Joslyn e o trompetista Owuor Arunga. Alcanzou a súa popularidade coa canción Thrift Shop, o vídeo musical desta canción foi visto máis de 250.000.000 veces en Youtube. Alcanzou o número 1 no Billboard Hot 100, vendendo máis de 2.200.000 copias da canción. Macklemore lanzou o seu álbum debut The Heist o 9 de outubro de 2012. Outra das súas cancións que tamén se volveu famosa é Wings.