Maalula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maalula

Maaloula (en árabe : معلولة Ma'loula, do arameo : ܡܥܠܐ, ma`lā, 'entrada'), é unha vila cristiá situada ao noroeste de Damasco, Siria, que presenta a peculiaridade de posuir unha das derradeiras poboacións que falan a variedade occidental do arameo.

A maioría dos cristiáns locais pertencen á Igrexa Greco-Católica Melquita. A vila é coñecida no Oriente medio pola fervente solemnidade con que celebran cada 14 de setembro a festa da exaltación da cruz.

Maalula atópase en Djebel Qalamoun que forma parte do Cordal do Antilíbano, a 56 km de Damasco.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Maalula