Módulo de Young

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O módulo de Young ou módulo de elasticidade é un parámetro mecánico que proporciona unha medida da rixidez dun material sólido.

Obtense da razón entre a tensión (ou presión) exercida e a deformación unitaria sofrida polo material. Isto é,

 \ E = \frac{Tension}{Deformacion} = \frac{F/A}{x/l} = \frac{F l} {A x}

onde (en unidades do SI):

E é o módulo de Young, medido en pascal.

F é a forza medida en newton.

A é a sección a través da cal é exercida a tensión, e mídese en metros cadrados.

x é a extensión, o incremento na lonxitude, medido en metros.

l é a longura natural medida en metros.