Máquina de Voight-Kampff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A máquina de Voight-Kampff é unha ferramenta de ficción aparecida na novela de ciencia ficción Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick. Inda que no libro estaba escrito Voigt-Kampff a forma máis popular é a aparecida no famoso filme que adapta a novela, Blade Runner (1982).

Funcionamento[editar | editar a fonte]

A Voight-Kampff é unha máquina semellante a un polígrafo usada no filme polas unidades Blade Runner para axudalos no exame dun individuo para ver se el ou ela é un replicante. Mide funcións corporais como a respiración, o enroxecemento da cara, os pulsos do corazón e os moventos do ollo en resposta a preguntas que provocan emocións. No filme dous replicantes fan o exame: León (interpretado por Brion James) e Rachael (interpretada por Sean Young). En Blade Runner, Deckard dille a Tyrell que polo xeral leva entre 20 e 30 preguntas cruzadas descubrir un replicante. Con Rachael leva máis dun cento. No libro só leva "seis ou sete" preguntas determinalo.

"Un avanzadísimo detector de mentiras que mide as contraccións do iris e a presenza de partículas invisíbeis emitidas polo corpo. Os foles foron diseñados para esta última función e dan á máquina un aire amezante como de insecto sinistro. A VK é usada principalmente polos Blade Runners para determinar se un sospeitoso é de verdade humano medindo o grao de empatía nas súas respostas atraveso de preguntas e declaracións escollidas coidadosamente."
Descrición do dossier de prensa de 1982 de Blade Runner

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

No segundo episodio da décima tempada de Stargate SG-1 a personaxe Vala Mal Doran fai un exame de perfil psicolóxico. Antes do test está a practicar e chega á pregunta da tartaruga ("Estás no deserto, ves unha tartaruga tumbada de costas, loitando, e non a axudas. Por que?") que é do test Voight-Kampff que lle fan a León no filme. A súa resposta tería sido "Porque eu tamén son unha tartaruga". Noutro capítulo (Divide and Conquer, o quinto da cuarta tempada), a análise de iris ó mesmo tempo que se fan unhas preguntas foi incorporado como un mecanismo para detectar cando unha persoa foi programada cun comando de asasinato. No episodio Absolute power (capítulo dezasete da cuarta tempada), o detector zatarc usado polo Tok'ra Aldwin semella unha máquina de Voight-Kampff.

No filme do 2000 O 6º día, un "psiquíatra virtual" holográfico comeza a facer ó protagonista algunhas preguntas, unha das cales pídelle visualizar unha tartaruga no deserto, unha referencia ó exame de Voight-Kampff feito polo replicante León.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Future Noir: The Making of Blade Runner de Paul Sammon (Orion, 2004) ISBN 0-7528-0740-4
  • Retrofitting Blade Runner: Issues in Ridley Scott's "Blade Runner" and Philip K. Dick's "Do Androids Dream of Electric Sheep?" byde Judith Kerman (Popular Press, 2003) ISBN 0-87972-510-9

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]