Luis Usera Bugallal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Luis Usera Bugallal, nado en Talavera de la Reina o 8 de xullo de 1890 e falecido en Madrid o 7 de agosto de 1958, foi un avogado, empresario e político español de orixe galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do xuíz Víctor Usera e da dama galega Luisa Bugallal, foi sobriño de Gabino Bugallal, quen foi presidente do goberno de España. Casou coa condesa de Bugallal, Matilde Bugallal Rodríguez.

Secretario da Audiencia Provincial. Foi deputado polo distrito de Xinzo de Limia de 1918 a 1923. Foi nomeado Subsecretario de Graza e Xustiza en 1921. Foi escollido vicepresidente do Real Madrid CF en 1929, pero por un problema regulamentario foi obrigado a dimitir e ascendeu á presidencia en 1930, cargo que ocupou ata 1935[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Luis Usera Real Madrid C.F.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]