Lucinda Mamani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLucinda Mamani
Biografía
Datos persoais
País de nacionalidadeBolivia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra Editar o valor em Wikidata

Lucinda Mamani Choque é unha mestra boliviana aimará que en 2016 foi finalista ao Premio Global ao Ensino.[1][2] Dá clases na escola de Calería, unha comunidade indíxena aimará a 70 quilómetros da capital de Bolivia, A Paz.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mamani naceu nunha pequena comunidade á beira do lago Titicaca, pero a súa familia desprazouse a El Alto na procura dun futuro mellor. Aínda que inicialmente quería ser enfermeira, acabou por inscribirse na Escola Superior de Formación de Mestres Warisata, a primeira universidade indíxena rural de Bolivia.[1]

Os estudantes da escola na que ensina Lucinda proveñen de familias labregas, indíxenas e con poucos recursos.[3] Nela decatouse da enorme desigualdade e discriminación cara ás mulleres no eido educativo, polo que comezou a traballar a prol da igualdade de xénero entre os estudantes e na sociedade.[4] Deseñou materiais para poñer en valor o rol da muller na cosmovisión indíxene por medio de teatro, programas de radio ou publicacións.[5] Tamén impartiu obradoiros e charlas sobre os dereitos das mulleres, incluíndo en todas as materias a temática das mulleres, a violencia e a igualdade de xénero.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio de excelencia educativa (2014), outorgado pola Fundación para a Integración e Desenvolvemento de América Latina.[1]
  • Finalista no Premio Global ao Ensino (2016).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Gracia, Isabel (9 de marzo de 2016). "La maestra indígena que revoluciona las aulas rurales". El País (en castelán). Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  2. "Lucinda Choque". www.globalteacherprize.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  3. "La maestra aymara cambió por completo la vida de las niñas de su comunidad". agritotal.com (en castelán). 
  4. Aleman, Fredo (30 de decembro de 2016). "Esta maestra ha cambiado tantas vidas con las increíbles enseñanzas que da sus alumnos". Fabiosa (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  5. "Los ‘Nobel’ de la Educación en castellano". acuorum.com. Consultado o 14 de marzo de 2020.