Lisardo Santos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1980 (43/44 anos) Sobrado, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Luís Lisardo Santos Ares, nado en Sobrado en 1980,[1] é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballou como distribuidor de produtos agrarios. Antigo militante do BNG, foi o seu candidato á alcalía en 2011 situándose como principal forza da oposición ao PPdeG de Jacobo Fernández García. Nas eleccións municipais de 2015 pasouse con todo o seu equipo ao PSdeG-PSOE e encabezou a súa candidatura[2], gañando as eleccións con maioría simple e sendo elixido alcalde en minoría.
En marzo de 2017 perdeu a alcaldía en favor da independente María Jesús García Souto por unha moción de censura presentada polos edís de Todos por Sobrado e o PPdeG.[3] Porén, unha nova moción de censura en abril de 2018 levou de novo a alcaldía a mans de Lisardo Santos[4], tralas desavinzas entre populares e independentes, e que foi apoiada por un novo edil popular que se inscribeu como non adscrito para facilitar a moción.
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía[5], ao lograr unha ampla maioría absoluta con 7 edís fronte a 2 dos populares, os cales integraron a García Souto como candidata. Dende febreiro de 2022 forma parte da Executiva Provincial coruñesa do PSdeG, como secretario adxunto a política municipal. Nas municipais de 2023 foi novamente reelixido alcalde por maioría absoluta, logrando 8 edís dos 9 en xogo.
Predecesor: Jacobo Fernández García |
Alcalde de Sobrado 2015 - 2017 |
Sucesor: María Jesús García Souto |
Predecesor: María Jesús García Souto |
Alcalde de Sobrado 2018 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 22-4-2015, p. 6.
- ↑ "Operación Sobrado: caso de transfuguismo ou cuestión positiva?", artigo en Praza Pública.
- ↑ "Una moción de censura arrebata al PSdeG la alcaldía del concello de Sobrado", Faro de Vigo, 29 de marzo de 2017 (en castelán).
- ↑ "Sae adiante a moción de censura en Sobrado dos Monxes nun tenso pleno con berros e apupos" Arquivado 12 de abril de 2018 en Wayback Machine., CRTVG, 12 de abril de 2018.
- ↑ Concello de Sobrado na FEGAMP