Luís López Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís López Alonso

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutico , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 585

Luís López Alonso, nado en Sarria o 23 de febreiro de 1977, é un farmacéutico, lingüista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, graduado en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios e mestrado en Lingüística Aplicada pola Universidade de Vigo. Após deixar de traballar como boticario, desde o ano 2022 é profesor e investigador en formación do departamento de Tradución e Lingüística Xeral da Universidade de Vigo e membro do grupo de investigación GRADES (Gramática, Discurso e Sociedade). O seu campo de investigación céntrase na sociolingüística crítica e na teoría literaria.

É membro fundador do grupo poético lucense das Lupercais. Colabora en Revista dos tr3sreinos, O Pazo das Musas, Xistral e Grial e intervencións e actividades poéticas como a residencia itinerante internacional Ámeto mítico da Fundación Uxío Novoneira ou a residencia internacional Rosalía en camiño da Fundación Rosalía de Castro.

Creou e guionizou as dúas tempadas da serie televisiva de animación Cocorico, baseada no libro infantil homónimo de Marisa Núñez e Helga Bansch.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Presal. Xerais e Universidade de Vigo, 2019.
  • Salífero. Urutau, 2020.
  • Salífero opus #.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Minerva en 1995.
  • Premio de poesía da Universidade de Vigo, 2019.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]