Luís II de Mónaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís II de Mónaco.

Luís II de Mónaco, nado en Baden-Baden o 12 de xullo de 1870 e finado en Mónaco o 9 de maio de 1949, foi o príncipe soberano de Mónaco desde 1922 até 1949.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Alberto I de Mónaco e da súa primeira muller, Lady Mary Victoria Douglas-Hamilton (filla do 11º duque de Hamilton), naceu en Baden-Baden o 12 de xullo de 1870. Casou en Mónaco o 24 de xullo de 1946 con Ghislaine Marie Françoise Dommanget. Como non tivo fillos no matrimonio, tivo que recoñecer a Charlotte, filla ilexítima, para garantir a sucesión e por tanto a independencia de Mónaco.