Luís II de Hesse
Luís II de Hesse. Foi o gran duque de Hesse e do Rin de 1830 a 1848. Fillo do gran duque Luís I de Hesse e do Rin e da landgravine Luísa de Hesse-Darmstadt, naceu en Darmstadt o 26 de decembro de 1777. Casou en Karlsruhe en 1804 coa princesa, sendo tamén súa curmá, Guillermina de Baden (1788-1836) filla de Carlos Luís, príncipe herdeiro de Baden e de Amalia de Hesse-Darmstadt.
[editar] Descendencia
- Luís III de Hesse e do Rin (1806-1877).
- Carlos de Hesse(1809-1877), pai de Luís IV de Hesse e do Rin.
- Un neno nado morto en 1820.
- Isabel de Hesse e do Rin (1821-1826).
- Alexandre de Hesse e do Rin (1823-1888), casado morganaticamente con Xulia de Hauke.
- María de Hesse e do Rin, casada co emperador Alexandre II de Rusia.
Segundo parece os catro últimos fillos foron enxendrados polo barón August von Senarclens de Grancy, amante da gran duquesa. Así que, para evitar un escándalo en toda regra, Luís II de Hesse-Darmstadt se viu na obriga de recoñecer coma fillos de seu a Alexandre e máis a María; os outros dous nenos morreron antes disto.
O gran duque de Hesse e do Rin faleceu o 16 de xuño de 1848 na mesma cidade que o vira nacer.