Lourido, Cerdedo, Cerdedo-Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lourido

Capela de Santa Catarina
ParroquiaCerdedo
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°31′36″N 8°23′49″O / 42.526651102024, -8.3970477222521Coordenadas: 42°31′36″N 8°23′49″O / 42.526651102024, -8.3970477222521
Poboación18 hab. (2017)
editar datos en Wikidata ]
Entrada á aldea de Lourido.

Lourido é un lugar situado na parroquia de Cerdedo a 452 metros de altura , no concello de Cerdedo-Cotobade, na provincia de Pontevedra. No ano 2022 tiña 16 habitantes (oito homes e oito mulleres).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A capela de Santa Catarina é do século XVIII. Nela tamén está a imaxe da Virxe dos Xuvencos, encargada polo sacerdote da parroquia para que avogase polo gando. A súa festa celébrase o segundo domingo de maio e o 15 de agosto, e adóitase levar varas e adivais para seren bendicidos.[1] Santa Catarina celébrase o derradeiro domingo de novembro, e a súa imaxe ten a primacía no altar e na procesión dos Xuvencos. No altar tamén están a Madalena, san Francisco, o Pai Eterno e outro santiño non identificado.

Dúas son as razóns
para ir a Lourido andando,
a Catarina e os Xuvencos,
a nosa Virxiña do ghando.[1]

O lugar forma parte da ruta de sendeirismo Martín Sarmiento.[2]

En 2008 rodouse na aldea parte do telefilme La bella Otero, (Jordi Frades, 2008), sobre a vida de Carolina Otero.[3]

En agosto de 2021 os veciños recuperaron a comida de verán da aldea, celebrándoa coa festa dos Xuvencos de verán. Dende entón faise no mesmo mes anualmente. Este feito propiciou recuperar xuntanza entre veciños das vilas da contorna e os propios do lugar.

Servizos[editar | editar a fonte]

En 2023 completouse a conexión de fibra óptica na aldea, acadando no 2024 unha cobertura de 100% da aldea de forma circular.

Entre 2023 e inicios de 2024 levouse a cabo, coa colaboración da CMVMC de Lourido e a Consellería de Medio Rural, a creación dun depósito de incendios na zona. Fíxose con fondos FEDER.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cerdedo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cerdedo no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Abelaíndo | Arén | Barro | Biduído | Cabenca | Carballás | Cavadosa | Cerdedo | Cernados | Chamadoira | Limeres | Lourido | Meilide | Revolta | San Bernabeu | A Torrente

Parroquias de Cerdedo-Cotobade[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Solla, Calros (2014). "Amuletos, talismáns e pedras da fartura. Obxectos de poder da Galiza tradicional". Amuletos e reliquias. Usos e crenzas. Actas da VII Xornada de literatura de tradición oral (PDF). AELG. p. 111. 
  2. "Senda Frei Martín Sarmiento". Concello de Cerdedo-Cotobade. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2023. Consultado o 22 de marzo de 2023. 
  3. Luis Ángel Sabariz Rolán (18 de decembro de 2007). "La vida de La Bella Otero, en enero en la TVG". Diario de Arousa. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]