Lou Costello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLou Costello

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Louis Francis Cristillo Editar o valor em Wikidata
6 de marzo de 1906 Editar o valor em Wikidata
Paterson, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte3 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCalvary Cemetery (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactor de cinema , actor de teatro , especialista de cinema , actor de televisión , produtor de cinema , humorista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1926 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalBud Abbott Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnne Battler (1934–1959), morte da persoa
Premios

IMDB: nm0182579 Allocine: 20004 Rottentomatoes: celebrity/lou_costello Allmovie: p15240 TCM: 39757 IBDB: 84201
Musicbrainz: 505e9b26-b150-4884-bc99-54216a56e4ea Discogs: 1712183 WikiTree: Cristillo-1 Find a Grave: 237 Editar o valor em Wikidata

Louis Francis Cristillo, nado en Paterson (Nova Jersey) o 6 de marzo de 1906 e finado nos Ánxeles o 3 de marzo de 1959, foi un célebre humorista e actor estadounidense coñecido como Lou Costello. Con Bud Abbott formou o popular dúo cómico Abbott e Costello na década de 1940.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Louis Francis Cristillo naceu o 6 de marzo de 1906, fillo de Helen Rege e Sebastiano Cristillo.[2] O seu pai era italiano, de Caserta[3] en Campania, e a súa nai era estadounidense de ascendencia francesa e irlandesa.[3]

Costello trasladouse a Hollywood a principios da década de 1930 e tras desempeñar diferentes oficios foi contratado pola compañía Metro Goldwyn Mayer para traballar como especialista,[4] chegando a ser o dobre de Tim McCoy.

Despois de traballar como dobre en sesenta filmes, Cristillo comezou a engordar polo que perdeu o empregou na Metro. Decidido a cambiar de rumbo, cambiou o seu nome polo de Lou Costello como homenaxe á actriz Helene Costello,[5] iniciando a súa carreira como cómico no Music Hall ata coñecer a Bud Abbott en 1936.[6] Con el formou o dúo cómico Abbott e Costello, unha das máis famosas parellas da comedia de Hollywood, onde intrepetaba un gordecho medorento e algo ridículo que non cesaba en ser utilizado pola súa contrafigura. Tiveron unha enorme popularidade nos Estados Unidos e en Latinoamérica. A peculiar parella deu lugar a contrapartidas como a dos dúo formado por Jerry Lewis e Dean Martin.

Trala súa separación de Abbott en 1957,[7] Costello iniciou unha carreira en solitario, demostrando aptitudes dramáticas, mais nesta nova faceta só puido rodar un filme xa que faleceu de súpeto o 3 de marzo de 1959 por unha crise cardíaca poucos días despois de finalizada a rodaxe.[2]

Anos despois, en 1967, William Hanna e Joseph Barbera produciron unha serie de animación baseada nas súas personaxes, ao estilo do que fixeran Laurel e Hardy.

Eponimia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bud Abbott; American Actor". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Lou Costello, 52, Dies on Coast. Comic Had Teamed With Abbott. 'Little Guy Trying to Be a Big Shot' in Films and on TV-Partners Broke Up in '57". The New York Times. 4 de marzo de 1959. 
  3. 3,0 3,1 Costello, Chris and Raymond Strait. "Lou's On First". Nova York: St. Martin's Press.
  4. "Laurel & Hardy Films | Stills". laurelandhardyfilms.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 15 de novembro de 2014. 
  5. Smith, Jr., EW (2009). Athletes Once: 100 Famous People Who Were Once Notable Athletes. Cortero. ISBN 9781611790689. 
  6. Furmanek, Bob and Ron Palumbo (1991). Abbott and Costello in Hollywood. New York: Perigee Books. ISBN 0-399-51605-0
  7. "Abbott, Costello Split. Comedy Team Breaks Up to Let Abbott Raise Horses". The New York Times. United Press International. 15 de xullo de 1957. 
  8. Web de jpl. "(17024) Costello". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]