Lorens Münter Philipson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1765 Ystad church parish, Suecia (en) |
Morte | 3 de novembro de 1851 (86 anos) Storkyrkoförsamlingen, Suecia (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Actividade | |
Ocupación | xornalista de opinión , profesor universitario , médico , poeta |
Empregador | Academia Real de Artes da Suécia (pt) |
Familia | |
Irmáns | Herman Theodor Philipsen (en) |
Lorens Münter Philipson (Philipsen), latinizado Laurentius Münter Philipsson, nado o 17 de marzo de 1765 en Ystad, condado de Escania, e finado o 3 de novembro de 1851, Storkyrkoförsamlingen, condado de Estocolmo, foi un médico, malacólogo, xornalista e escritor sueco.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Philipson comezou a estudar en Lund en 1782, acadando o título de doutor en medicina na Universidade de Lund en 1791. No mesmo ano, mudouse a Estocolmo, onde coñeceu a Thomas Thorild, que o introduciu nas novas ideas da Revolución francesa, facéndose escritor.[1]
Entre 1792 e 1794 Philipson publicou o xornal Patrioten (O Patriota), no que difundía opinións radicais e mesmo comunistas. En 1792 foi nomeado profesor adxunto de Anatomía na Real Academia de Belas Artes, renuciando a este cargo en 1798. Por mor das súas publicacións, tivo que loitar en varias ocasións coa censura. Philipson impúxose contra o seu competidor, Jöns Jacob Berzelius en 1806 e foi nomeado secretario do Collegium Medicum, cargo que ocupou até 1835.[1]
Taxons descritos por Philipson[editar | editar a fonte]
- Perna Philipsson, 1788
- Unio crassus Philipsson, 1788
- Unio tumidus Philipsson, 1788
Abreviatura[editar | editar a fonte]
A abreviatura Philipsson emprégase pare recoñecer a Lorens Münter Philipson como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lorens Münter Philipson (Philipsen) en Svenskt biografiskt lexikon (SBL) (Dicionairio biográfico sueco) (en sueco).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Biographie im Projekt Runeberg (en sueco).
- Philipson, Lorens Münter, en CERL Thesaurus (Consortium of European Research Libraries).
- Publicacións de ou sobre Lorens Münter Philipson.