Wright R-3350

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Motor R-3350

O Wright R-3350 Duplex-Cyclone foi un dos motores radiais máis potentes dos producidos nos Estados Unidos. Curtiss-Wright Corporation comezou o seu desenvolvemento antes da Segunda Guerra Mundial pero requeriu dun longo período de maduración antes de utilizarse nos bombardeiros B-29 Superfortress, despois da guerra o motor estaba o suficientemente desenvolvido como para se converter nun dos principais motores utilizados na aviación civil, en particular na súa versión Turbo-Compound.

O primeiro R-3350 completouse en maio de 1937 pero aínda non era totalmente estable, o seu desenvolvemento foi lento debido á súa complexidade e a que a prioridade nese momento era o motor Wright R-2600, pero a situación cambiou en 1940 ao precisar o exército dos Estados Unidos un bombardeiro estratéxico capaz de voar dos Estados Unidos a Alemaña cunha carga ofensiva de 900 kilos, o que facía que a alta potencia do R-3350 foi a ideal, a primeira proba de vóo realizouse a finais de 1941, para ese primeiro ensaio escolleuse o prototipo XB-19 ao que se lle substituíu o motor Allison V-3240. En 1943 voaba por primeira vez o novo bombardeiro, o B-29, pero o motor aínda se mostraba caprichoso con tendencia ó sobrequentamento polo que se precisaron novas modificacións no deseño antes de prestaren servizo, en 1944 os B-29 participaron en accións militares no Pacífico, pero os problemas de sobrequentamento non se resolveran e algúns aparellos perdéronse ao prenderse lume no motor, finalmente substiutiuse o carburador por un sistema de inxección, este cambio déulle estabilidade ao motor e os problemas cesaron.