Llullaillaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Llullaillaco
Momias de Llullaillaco

O Llullaillaco, probabelmente do quechua: Llullaq yaku (auga mentirosa), é un volcán situado a 24° 43' de latitude Sur e 68° 33' de lonxitude Oeste na Cordilleira dos Andes, entre Arxentina e Chile.

Características[editar | editar a fonte]

Cunha altitude de 6.723 m sobre o nivel do mar, é a sexta montaña máis alta de Sudamérica. É a montaña de maior altura na provincia de Salta Arxentina, dunha altura de 6.739 metros, situado no límite coa República de Chile. O volcán está inactivo desde 1877, cando aconteceu a última erupción.

En 1999 no seu cume achouse un cemiterio incaico do que se extraeron tres momias, corpos de nenos conxelados. Se non se ten vehículo para chegar até o pé do Llullaillaco, é necesario arrendar mulas a baqueanos ou poboadores do lugar, os cales poden encontrarse nos pobos próximos.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Llullaillaco