Liniers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Liniers--Self-Portrait.jpg

Ricardo Liniers Siri, chamado Liniers, nado en Bos Aires o 15 de novembro de 1973, é un debuxante arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou publicidade, pero non se dedicou a iso; comezou a debuxar para fanzines, e logo para distintas revistas e xornais. A partir de 1999 publicou semanalmente no suplemento NO! do xornal Página/12 e en xuño de 2002 mudouse a traballar como debuxante para o xornal La Nación, da man de Maitena. Alí, na última páxina, realiza as tiras cómicas que lle dan sona, e que anos despois recolle en publicacións de libro co nome de Macanudo. Aínda que ten diversos personaxes, moitos deles anónimos, ten outros caracteres fixos: a nena Enriqueta, o seu gato Fellini e o seu oso de perruche Madariaga; Z-25, o "robot sensíbel"; o pingüín Macanudo e un conxunto de ananos de pucho de cores. As súas historias xogan coa absurdo e coa reflexión intelectual, na liña da Mafalda de Quino.

Tamén realizou dúas mostras de pintura, e deseñou as portadas dos álbums Logo, de Kevin Johansen e La lengua popular, de Andrés Calamaro.

Obra[editar | editar a fonte]

Editou os seguintes álbums:

  • Lo que hay antes de que haya algo", Pequeño Editor, (conto)
  • Macanudo 1. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2004 (a serie Macanudo recolle as colaboracións en La Nación)
  • Macanudo 2. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2005
  • Macanudo 3. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2006
  • Macanudo 4. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2006
  • Bonjour. Ediciones De la Flor, Bos Aires, 2005 (recompilación das primeiras colaboracións gráficas de Liniers)

Ningún dos seus álbums está traducido ao galego.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]