Linguaxe egocéntrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Linguaxe egocéntrica é a linguaxe emitida sen adaptación ó punto de vista do receptor.

Características[editar | editar a fonte]

É o tipo de linguaxe propia dos primeiros anos de desenvolvemento do neno, frecuente nos soliloquios infantís. Segundo Jean Piaget (1948), dos 3 ós 5 anos, nun 60 % dos casos aproximadamente, o neno produce este tipo de linguaxe, na que predominan as repeticións e os monólogos colectivos. É só un subproduto da acción sen función comunicativa, e acaba por desaparecer arredor dos 9 anos. En opinión de Lev Vygotski, este tipo de linguaxe non se extingue, senón que representa unha fase intermedia entre a linguaxe socializada e a interior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]