Soliloquio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O soliloquio (do latín solus "so" e loquor "falar") é unha forma singular de monólogo aplicada ás obras construídas sobre un só personaxe.

Non debe confundirse co monólogo -discurso do personaxe que non espera resposta, alocución na cal non existe intercambio verbal, é unha reflexión en voz alta, un discurso dunha personaxe que fala consigo mesma-, pois o termo monólogo non debe aplicarse á totalidade dunha obra teatral ou cinematográfica.

Adóitase empregar no teatro.