Lev Vygotski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lev Semenovich Vygotski, en cirílico Лев Семенович Выготский, nado o 17 de novembro de 1896 e finado o 11 de xuño de 1934, foi un psicólogo soviético estudoso da psicoloxía do desenvolvemento e fundador da psicoloxía histórico-cultural.

Contribucións [editar]

Unha das máis grandes contribucións de Lev Vygotski á psicoloxía é a concepción que tiña do ser humano. Vygotski consideraba que os homes son seres eminentemente sociais, até o punto de afirmar que o seu desenvolvemento lévase a cabo primeiramente na esfera social que os rodea, e logo interiorízase.

O coñecemento, así como calquera outra dimensión psicolóxica da persoa (linguaxe, razoamento, etc.) son produtos sociais que a persoa desenvolve en sociedade e que vai interiorizando a medida que crece.

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]