Linguaxe da danza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Linguaxe das abellas")

A linguaxe da danza, tamén denominada linguaxe das abellas, foi descuberta por Von Frisch, e caracterízase por unha serie de movementos moi elaborados, a xeito de baile, que utilizan as abellas para transmitirlles ás outras información topográfica de considerable precisión sobre a dirección, distancia, cantidade, etc., da fonte de fornecemento. Tamén se observou que a utilizaban como medio de ‘debate’ para elixi-la situación dun novo niño.

O xeito de se desenvolver o acto comunicativo é o seguinte: Cando unha abella obreira atopa unha boa fonte de alimento preto da colmea, regresa e executa encima do panal ou favo, unha danza en forma de oito esmagado. A obreira sacode o seu abdome a un lado e a outro acompañada dun son breve. Se o alimento se atopa preto da colmena o contoneo e o ruído sera máis intenso; e se está máis afastado sera máis lento. O ángulo de execución indicará a posición do alimento en relación ao sol e a colmea.