Linguas charrúas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas charrúas
Falado en: Arxentina e o Uruguai
Rexións: Rexión de Entre Ríos
Total de falantes:
Familia: Americana
 Mataco–guaicuru ?
  Linguas charrúas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas charrúas ou charruanas son un conxunto de polo menos catro linguas indíxenas de América extintas que se falaron no nordés da Arxentina, gran parte do Uruguai, e posiblemente Paraguai, polos charrúas, os chanás e outras etnias da conca da Prata. Aínda que as linguas charrúas críanse extintas dende había un par de séculos, en 2005 apareceu un semifalante de lingua chaná.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

As linguas charrúas ocupaban parte do sector sur da conca da Prata. Estímase que as linguas deberon desaparecer do uso público cara ó século XVIII ou século XIX nos lugares máis illados.

Clasificación[editar | editar a fonte]

As linguas charrúas están mal documentadas, existen algunhas listas léxicas nalgunhas linguas charrúas pero non existen descricións gramaticais importantes. Recentemene Viegas Barros traballou co que podería ser o último semifalante de chaná, que achegou algunhas formas léxicas e algunhas frases curtas.

Linguas da familia[editar | editar a fonte]

Os datos permiten afirmar que existen rexistros de polo menos catro linguas charrúas diferentes:[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Nación, Investigan los orígenes de una extraña lengua indígena Arquivado 12 de setembro de 2019 en Wayback Machine. 01/julio/2005
  2. Loukotka, Čestmír (1968), Classification of South American Indian Languages, Los Angeles: UCLA Latin American CenterLoukotka, Čestmír (1968). Classification of South American Indian Languages. Os Ánxeles: UCLA Latin American Center.