Lingua licia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Lingua milia")
| Licio (trm̃mili) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Licia | |
| Total de falantes: | século I a.C. | |
| Familia: | Indoeuropea Linguas anatólicas Licio |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | xlc | |
O licio é unha lingua da familia indoeuropea, e máis precisamente da rama anatolia, falada nos séculos -V e -IV, coñecida esencialmente por unha estela descuberta en Xanthos, onde se lía unha inscrición trilingüe en grego, arameo e licio. O licio deriva do luvita e distínguense xeralmente dúas formas desta lingua:
- o milio ou licio B, máis arcaico e que conservou numerosos trazos do luvita, coñecido por un número reducido de inscricións;
- o licio ordinario ou licio A, máis recente e que conforma a maioría das inscricións.
Esta lingua testemúñase na costa sur da Turquía moderna e nos se estinguíu, substituída polo grego, ata o século primeiro antes da nosa era. Utiliza o seu propio alfabeto, o alfabeto licio, que é un derivado do alfabeto grego.