Lingua palaíta
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Palaíta | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Anatolia | |
| Total de falantes: | ca 1300 aC. | |
| Familia: | Indoeuropea Linguas anatólicas Palaíta |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | plq | |
O palaíta é unha lingua indoeuropea, pertencente ao grupo anatolio. Nos textos hititas, a palabra Pala emprégase para designar unha rexión do Imperio. O noso coñecemento da lingua palaíta é moi limitado: só permiten estudala algúns pasaxes nos textos en hitita, que describen principalmente rituais.