Lingua akawaio
| Akawaio | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Güiana, Brasil, Venezuela | |
| Rexións: | Cuyuni-Mazaruni, Roraima, Bolívar | |
| Total de falantes: | 6481 | |
| Familia: | Linguas caribes Akawaio |
|
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | -- | |
| ISO 639-2: | --- | |
| ISO 639-3: | ake | |
O akawaio é unha lingua caribe que se fala en Güiana, Venezuela e Brasil
ISO/DIS 639-3: ake
Índice |
Falantes[editar]
En total son 6.481, distribuídos en:
Distribución xeográfica[editar]
En Güiana fálase na rexión centro occidental, nas bacías do alto río Mazanuri e dos seus afluentes Potaro, Ireng e Cotingo. En Brasil fálase en Roraima, aquí a lingua recibe o nome de ingarikó. En Venezuela vive unha comunidade que chegou en 1969, trala rebelión de Rupununi, actualmente localizados en San Martín del Turumbán e algúns casaríos dispersos no estado de Bolívar (Venezuela)
Usos sociais[editar]
Spike Gildea e Desrey Fox[3], lingüístas da Universidade Rice desenvolveron unha ortografía para a lingua, que empregan as comunidades de Güiana, aínda que xa antes os misioneiros desenvolveron formas escritas da lingua e en 1873 traduciron partes da Biblia ao akawaio.
Notas[editar]
- ↑ Catherine Alès et al. Caminos cruzados: ensayos en antropología social, etnoecología y etnoeducación. IRD éditions, 2003, páxina 480
- ↑ Pobos Indíxenas no Brasil
- ↑ Masayoshi Shibatani The Grammar of Causation and Interpersonal Manipulation. John Benjamins Publishing Company, 2002, páxina 369