Lingua airoran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O airoran é unha lingua papu que se fala en Irian Jaya, Indonesia
ISO/DIS 639-3: air

Falantes[editar | editar a fonte]

1.000 (2001)

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Fálase en tres aldeas (Subu, Motobiak e Isirania) e oito pequenos asentamentos (Kabeso Marisi, Nivau, Tamajine, Waiter, Kwesar, Kwatarimi, Batangai e Nibaw) na costa norte do curso baixo do río Apauwer e na ribeira do río Mamberamo ao longo do lago Rombebai. A aldea de Subu, na costa, é un asentamento recente, os seus habitantes aínda buscan o sustento no interior.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Os dialectos son mutuamente intelixibles.

  • Subu
  • Motobiak
  • Isirania

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]