Liña 5 do metro de Barcelona
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A liña 5 ou liña azul do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo nas cidades de Cornellà de Llobregat, Esplugues de Llobregat, l'Hospitalet de Llobregat e Barcelona. A liña inaugurouse o 21 de xullo de 1959 como liña II e actualmente une as estacións de Cornellà Centre e Vall d'Hebron.
O trazado da liña é de dobre vía soterrada, excepto un pequeno tramo ao redor da estación e cocheiras de Can Boixeres. Os talleres e as cocheiras atópanse en Can Boixeres, Vilapicina e Vall d'Hebron. Actualmente a liña ten unha lonxitude de 18,9 quilómetros e vinte e seis estacións.[1]
Notas [editar]
- ↑ "A rede de metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación do L2 ao centro de Badalona". Transports Metropolitans de Barcelona. 10 de xullo de 2010. http://www.tmb.cat/es/sala-de-premsa/-/seccio/noticies/infraestructures/noticies-xarxametro-100km-20100710-infraestructures. Consultado o 1 de outubro de 2010.