Lewis Milestone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Leib Milstein, nado en Chişinău (Moldavia) o 30 de setembro de 1895 e finado nos Ánxeles (California) o 25 de setembro de 1980, foi un director de cinema estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no [[[Imperio Ruso]] e chegou aos Estados Unidos en 1912, tendo diversos oficios ata comezar a dirixir en películas para o exército. Nacionalizouse estadounidense en 1919. Trala Primeira Guerra Mundial marchou a Hollywood, onde Howard Hughes o promocionou como director, chegando a gañar dous oscars ao mellor director por Two Arabian Knights e All Quiet on the Western Front.

Ao rematar a Segunda Guerra Mundial foi incluído na lista negra por ser sospeitoso de simpatizar co comunismo. Isto levouno a abandonar os Estados Unidos e emigrar a Europa, onde seguiu dirixindo.[Cómpre referencia] De volta aos Estados Unidos, dirixiu filmes como a A cuadrilla dos once e Mutiny on the Bounty.

Obra[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]