Leonardo Martínez Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeonardo Martínez Novo
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (24/25 anos)
Pontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor em Wikidata

Leonardo Martínez Novo, coñecido como Leonardo do Barro, nado en Pontedeume cara a 1911 e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1936, foi un mestre galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Maxisterio na Escola Normal de Santiago de Compostela, rematando a carreira en 1930.[1] Fundador e rexedor do Colexio-Academia "Curros Enríquez" de Pontedeume. Foi mestre provisional en Camariñas e Moeche. Aprobou os cursos de selección de mestres en 1936,[2] e foi nomeado mestre en Pontedeume. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Foi asasinado polos franquistas o 10 de agosto de 1936 en Pontedeume.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Santiago, 17-6-1931, p.3.
  2. Boletín Oficial de la Provincia de La Coruña, 28-4-1936, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bouza Faraldo, Manuel (2016). "A escola eumesa no s. XX" (PDF). Cátedra, Revista eumesa de estudios (22): 7–88. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de abril de 2021. Consultado o 7 de marzo de 2021. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]