León IV, Emperador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Leo iv constantine vi coin.jpg

León IV, chamado Khazar ou o Kházaro (c. 750 - 8 de setembro de 780), sucedeu ao seu pai, Constantino V, como emperador do Imperio bizantino en 775. En 776 asociou ao trono ao seu fillo menor Constantino, e reprimiu a revolta dirixida polos seus cinco medio irmáns que se desatou a raíz desta medida.

Do mesmo xeito que o seu pai e o seu avó, León III, León obtivo importantes éxitos militares contra os árabes e os búlgaros. Pero a diferenza do seu pai e do seu avó, León foi partidario dos iconódulos, e restaurou ao Patriarca de Constantinopla iconódulo.

Durante o seu reinado, León estivo en gran medida baixo a influencia da súa muller, a emperatriz Irene, e cando o emperador morreu repentinamente en 780, ela fíxose cargo da tutela do seu fillo e sucesor Constantino VI.


Imperio Bizantino

Segue a:
Constantino V
León IV, Emperador
Precede a:
Constantino VI
Dinastía Isáurica