Lavochkin La-7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lavochkin La-7
La-7
TipoCaza
FabricanteLavochkin
Primeiro voonovembro de 1943
Introducido1944
Unidades construídas5.753

O Lavochkin La-7 foi un caza soviético usado durante a segunda guerra mundial. Desenvolveuse a partir do La-5, pero deseñado como interceptador puro en vez de como substituto deste. Era un avión máis potente, cunha célula máis limpa e con máis capacidade de armamento. Voou por primeira vez en novembro de 1943 e entrou en servizo en 1944. Construíronse 5.753 unidades ata comezos de 1946.