Lavochkin La-5

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lavochkin La-5
Lavochkin La-5 da Forza Aérea Soviética durante a segunda guerra mundial.
TipoCaza
FabricanteLavochkin
Primeiro voomarzo de 1942
Introducidoxullo de 1942
Unidades construídas9.920

O Lavochkin La-5 foi un caza soviético da segunda guerra mundial. Tratábase dun LaGG-3 remotorizado cun motor radial. O seu prototipo voou por primeira vez en marzo de 1942 e resultou ser máis rápido que o Bf 109F a baixa cota. Ordenouse a súa produción coa denominación La-5 e entrou en servizo no verán de 1942. Construíronse preto dos 10.000 exemplares.