Landulfo IV de Benevento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Landulfo IV (morto o 13 de xullo de 982) foi o príncipe de Capua (como Landulfo VI) e Benevento desde 968, cando foi asociado ao trono do seu pai, Pandulfo Testa de Ferro, e príncipe de Salerno asociado co seu pai desde 977 ou 978. En 968, morreu o seu tío Landulfo III e esa foi a ocasión do seu ascenso, Pandulfo ignorou os dereitos do fillo de Landulfo Pandulfo, o seu sobriño, e no canto del asociou ao seu propio fillo ao goberno.

En 969, Testa de Ferro foi capturado na Batalla de Bovino. O strategos de Bari, Uxío, tomou a cidade de Avellino e cercou Capua e despois Benevento. A nai de Landulfo, Aloara de Capua e Landulfo I, Arcebispo de Benevento, asumiron o goberno no seu nome, para defender a cidade dos bizantinos. En 977, tras a liberación de Testa de Ferro, uniuse ao seu pai nunha expedición en defensa de Monte Cassino contra as predacións do Conde Bernardo de Alife.

Á morte de Pandulfo en marzo de 981, o gran principado longobardo dividiuse: Landulfo, o fillo máis vello, recibiu Capua-Benevento e Spoleto, e Pandulfo, o segundo fillo, recibiu Salerno. Con todo, o emperador Odón II, que estaba no Mezzogiorno nesa época, loitando contra os sarracenos, desposuíu a Landulfo do ducado de Spoleto e deullo a Trasimundo, duque de Camerino e conde de Penne. Deseguida, Landulfo foi obrigado a recoñecer tamén a división de Capua-Benevento, unidos desde 899. O seu curmán, o anteriormente mencionado Pandulfo, como príncipe de Benevento, quizais como subordinado. Así, Landulfo foi só príncipe de Capua, e durante o seu reinado apoiou a reforma cluniacense e fundou a igrexa de Santa Croce en Caiazzo. Uniuse ao seu deposto irmán Pandulfo en Calabria, onde loitaba contra os sarracenos con Odón. Os dous morreron na Batalla de Stilo o 13 de xullo. Sucedeuno o seu irmán máis novo Landenulfo, quen estaba baixo a rexencia dee Aloara.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Caravale, Mario (ed). Dizionario Biografico degli Italiani: LXIII Labroca – Laterza. Roma, 2004.

Negriña