Lago Taihu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O lago Taihu.

O lago Taihu é un gran lago situado no delta do río Yangzi. Cunha área de 2.250 km² e unha profundidade media de 2 metros, é o terceiro lago de auga doce da República Popular China, despois do Poyang e dos lagos Dongting.

O lago está nunha das zonas de meirande produción de gran de todo o país. É a base dunha importante industria pesqueira. No lago atópase tamén rocha calcárea de gran calidade utilizada en decoración. Este tipo de rocha é a máis empregada no ornamento de xardíns tradicionais na zona de Suzhou.