La valla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La valla
Na rede
IMDB: tt9460858 Filmaffinity: 564692 Allocine: 24602 Netlix: 81073507Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

La valla é unha serie distópica española producida por Atresmedia en colaboración con Good Mood Productions para Antena 3. Está protagonizada por Olivia Molina, Unax Ugalde, Ángela Molina, Abel Folk e Eleonora Wexler.[1] Foi preestreada en Atresplayer Premium o 19 de xaneiro de 2020 e estreouse en aberto en Antena 3 o 10 de setembro de 2020.[2] Ademais un día despois da súa emisión en aberto, Netflix estreaba o capítulo, os cales seguen estando dispoñibles na plataforma.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Esta serie está ambientada na España de 2045. Encontrámonos cunha grande escaseza de recursos naturais, o que levou os estados a converterse en réximes ditatoriais, os cales prometían á poboación a supervivencia de todos os cidadáns. No transcurso da serie dáse a coñecer un dos motivos polos cales España é unha ditadura: produciuse unha Terceira Guerra Mundial na que se usaron armas tan letais como as nucleares, tal e como se mostra nas paisaxes devastadas que aparecen en pantalla, concretamente na cidade de Madrid que é onde se desencolve a trama.

Ao estar o país baixo o mandato autocrático, a vida rural faise relativamente imposible, levando así o núcleo da mesma ao centro da cidade, o cal se encontra dividido en dúas partes que están ferreamente pechadas: encontrámonos o Sector 1, que é a parte do Goberno e a xente de poder; e o Sector 2, que é a parte do resto da poboación (clases medias e baixas). A única maneira de poder acceder dun lado da cidade ao outro é mediante o cruzamento do valo ("valla") que separa ambos os sectores, protexida por uns exhaustivos controis de policía. Todas as persoas que queiran cruzar este valo necesitan un gran motivo de peso para que poidan realizalo.

Xunto con estes acontecementos, na serie tamén se dá a coñecer unha epidemia que está afectando a todo o mundo e que dificultará moito a misión dos seus protagonistas.

Aquí é onde nos encontramos a historia da familia protagonista, formada por Julia (Olivia Molina), Hugo (Unax Ugalde) e Emilia (Ángela Molina). Esta familia loita por recuperar a pequena Marta (Laura Quirós), filla de Hugo, que quedou en mans do Goberno.

Esta serie relata unha historia de supervivencia e grandes segredos, na que os protagonistas verán realmente difícil a súa misión.

Elenco[editar | editar a fonte]

Principal[editar | editar a fonte]

Coa colaboración de:

Secundario[editar | editar a fonte]

  • Daniel Ibáñez – Alejandro "Álex" Mujica
  • Laura Quirós – Marta Mujica Pérez
  • Belén Écija – Daniela Covarrubias López-Durán
  • Juan Blanco – Carlos Castillo
  • Yaima Ramos – Manuela
  • Elena Seijo – Rosa
  • Manu FullolaCoronel Enrique Jiménez
  • Ángela Vega – Begoña Sánchez
  • Cristina Soria – Enfermeira (Episodio 1 - Episodio 4; Episodio 6 - Episodio ¿?)
  • Pilar Bergés – Funcionaria do rexistro (Episodio 1; Episodio 3)
  • Óscar de la Fuente – Fernando Navarro (Episodio 1 - Episodio 2; Episodio 4 - Episodio 13)
  • Marcelo Converti – Alejo López-Dávila (Episodio 6; Episodio 9; Episodio 10; Episodio 11; Episodio 12; Episodio 13)
  • Berta CastañéSol (Episodio 1 - Episodio 2)
  • Carmen Esteban – Avoa de Sol(Episodio 1 - Episodio 2)
  • Irene ArcosEmilia Noval (mozz) (Episodio 1; Episodio 3)
  • Luna Fulgencio – Julia Pérez Noval (nena) (Episodio 1; Episodio 6)
  • Pere Molina - Jacobo Martínez de los Ríos "Presidente" (Episodio 1; Episodio 7; Episodio 12 - Episodio 13)
  • Iván Chavero – Sergio Covarrubias López-Durán (Episodio 2 - Episodio ¿?)
  • Alina Nastase – Moza espía(Episodio 3)
  • Nicolás Illoro – Iván Covarrubias López-Durán (Episodio 3 - Episodio ¿?)
  • Antonio Arcos – Ladrón(Episodio 6)
  • Aitor Bertrán – Álvaro Maiztegui † (Episodio 6)
  • María HervásClara (Episodio 7 - Episodio 8)
  • Javier AbadÁlvaro Maiztegui (mozo) (Episodio 8)
  • Jaime Zataraín – Luis Covarrubias (mozo) (Episodio 8)

Tempadas e episodios[editar | editar a fonte]

Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota Lineal + diferido
1 13 10 de setembro de 2020 3 de decembro de 2020 1.272.000 10,3% 1.718.000

Notas[editar | editar a fonte]