La Mañana (A Coruña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Mañana
LocalidadeA Coruña
Na rede
Galiciana: 2781
editar datos en Wikidata ]

La Mañana foi un xornal editado na Coruña entre 1888 e 1902.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Xornal de tendencia conservadora, órgano oficioso de Aureliano Linares Rivas, apareceu en febreiro de 1888. Subtitulado Diario Liberal-Conservador dende 1896. Foron os seus directores Eladio Rodríguez González, Pedro Seoane Varela (1895), Ventura García Rivera (1896), Vicente María Pardo Tenreiro e Adolfo Lahorra Tello (1902).[1] Editábase nos obradoiros do propio xornal. Cesou a súa publicación a finais de xullo de 1902, sendo substituído por Diario de La Coruña.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diario de Pontevedra, 6-3-1902, p. 3.
  2. La Correspondencia Gallega, 4-8-1902, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]