La Draga (1933)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Draga
editar datos en Wikidata ]

La Draga foi un semanario editado na Coruña en 1933.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario de crítica política, apareceu en 1933. Fundado por Jenaro Marinhas del Valle e Alfredo Canalejo, estaba dirixido por Canalejo. Realizou campañas a prol do autonomismo, denunciando a apatía dos partidos republicanos de ámbito estatal, promovidas por Jenaro Marinhas del Valle e Álvaro Cebreiro. O último número coñecido é o 7, corresponde ao 21 de outubro de 1933. O director foi detido o 9 de novembro de 1933 como responsable dun artigo titulado "Gustavoff" considerado inxurioso.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 11-11-1933, p. 8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]