L'Assiette au Beurre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
L'Assiette au Beurre
Tiposatírico
Fundación1912
Remataabril de 1936
FundadorSamuel Schwarz
Linguafrancés
ISSN2021-0558
Na rede
https://gallica.bnf.fr/ark:/12148/cb327033728/date
editar datos en Wikidata ]

L'Assiette Au Beurre (O prato de manteiga) foi unha revista satírica ilustrada francesa, de tirada semanal, publicada entre 1901 e 1912.[1] Esa época foi chamada en Francia a "Idade de Ouro da caricatura".

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada por Samuel Schwarz, o seu primeiro número apareceu o 4 de abril de 1901. Politicamente manifestábase en contra dos inimigos da Terceira República e incluía con frecuencia contido anticlerical.[2]

Nela colaboraron artistas como Adolphe Willette, Jean-Louis Forain, Caran d'Ache, Albert Robida, Fernand Louis Gottlob, Abel Faivre, Henry Gerbault, Francisque Poulbot, Félix Vallotton, Juan Gris, František Kupka, Jacques Villon, Louis Marcoussis, Kees van Dongen, Javier Gosé, ou o portugués Tomás Leal da Câmara entre outros.

Próxima á sensibilidade anarquista nos seus inicios, L'Assiette au beurre non foi unha revista militante, aínda que, entre 1905 e 1911, estivo claramente implicada politicamente, especialmente contra o colonialismo. Despois de ter publicados preto de 10.000 debuxos realizados por uns 200 debuxantes, é un valioso testemuño iconográfico da Belle Époque.

Influencia en Galiza[editar | editar a fonte]

Para Siro López, a revista tería sido, xunto a Simplicissimus, unha das maiores influencias para Castelao, en particular Jean-Louis Forain. Segundo Siro mesmo se tería inspirado en varias viñetas de L'Assiette Au Beurre para a campaña do Estatuto de Autonomía.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Varios autores 1978, p. Introducción: I y II.
  2. Varios autores 1978, p. Introducción: I.
  3. "Puntadas sen fío: Castelao, Antón Fraguas e eu". Siro. 2019-05-18. Consultado o 2022-02-22. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

= Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]