Juan Gris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Picasso.

José Victoriano González-Pérez coñecido artisticamente como Juan Gris, nado en Madrid o 23 de marzo de 1887 e finado en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927, foi un pintor español que desenvolveu a súa actividade principalmente en París, é considerado como un dos mestres do cubismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid o 23 de marzo de 1887, estudando na Escola de Artes e Oficios da súa cidade natal. Traballou para diversas publicacións como Blanco y Negro e Madrid Cómico.

No ano 1906 trasladouse para París (Francia), onde coñeceu a Pablo Picasso e a Georges Braque. Os primeiros anos gañou a vida debuxando para as revistas L'Assiette du Beurre (O prato de manteiga) e 'Charavari' (Chocallada).

Durante a Primeira Guerra Mundial (1914 - 1918) aínda en París, realizou a súa primeira exposición individual en 1919. Durante a década de 1920 a súa saúde empeorou gravemente, falecendo xusto aos cuarenta anos, en Boulogne-Sur-Seine o 11 de maio de 1927.

Obra[editar | editar a fonte]

As súas primeiras obras cubistas datan de 1912, ano no que expón no Salón dos Independentes de Barcelona a súa "Homaxe a Picasso", asinando un contrato en exclusiva co marchante Henry Kahnweiler, que morre en 1914. No ano seguinte pasou o verán con Picasso en Céret, período no que comezou a desenvolver a tècnica do papier collé (formas recurtadas en papel e pegadas no lenzo).

Entre 1922 e 1924 realiza escenografías para dous ballets de Sergei Diaghilev, Les tentations de la Bergère (As tentacións da pastora) e La Colombe (A pomba), ao tempo que continuaba a pintar. Logo de 1925 utilizou sobre todo a guache e máis a acuarela, realizando algunhas ilustracións para libros.

As súas teorías pictóricas figuran recollidas en numerosos artigos e conferencias.

Obras destacadas[editar | editar a fonte]

Parte das súas pinturas cubistas son naturezas mortas, entre as que se inclúen Guitarra e botella (1917, Museo de Arte de Filadelfia), O taboleiro de xadrez (1917, Museo de Arte Moderno de Nova York) e Botella e froiteiro (1919, Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid). Tamén tratou outros temas, como mostra en O fumador (1913, Museu Thyssen-Bornemisza). Un exemplo da seua técnica de papier collé é Gotas e xornal (1914, Museo de Arte do Smith College, Northampton, Massachusetts).

Galería[editar | editar a fonte]