Kunjarani Devi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kunjarani Devi, nada o 1 de marzo de 1968 en Imphal, é unha levantadora de pesas india.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Kunjarani interesouse polo deporte desde a escola, practicou o deporte nacional indio, o hóckey herba, mais foi en halterofilia onde salientou, no Campionato Nacional de 1985 levou varias medallas, case todas de ouro, en 1987 logrou dúas mellores marcas nacionais, a partir de 1989 participou en campionatos internacionais, no Campionato Mundial de Manchester dese ano obtivo tres medallas de prata, desde entón participou nos seguintes sete campionatos mundiais logrando medallas de prata en todos, agás en 1993. Levou medallas de bronce nos Xogos Asiáticos de 1990 e 1994 e de ouro nos de 2006, repetindo o mesmo metal nos Xogos da Commonwealth de 2006.