Koyaanisqatsi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Koyaanisqatsi
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalKoyaanisqatsi
DirectorGodfrey Reggio
ProdutorGodfrey Reggio
Guión
MúsicaPhilip Glass
FotografíaRon Fricke
Montaxe
  • Ron Fricke
  • Alton Walpole
EstudioInstitute for Regional Education
American Zoetrope
Distribuidora
  • Island Alive
  • New Cinema
Estrea27 de abril de 1983
Duración85 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroExperimental
Recadación1,7 millóns de dólares[2]
Filme seguintePowaqqatsi
Na rede
http://www.qatsi.org e http://www.koyaanisqatsi.org/films/koyaanisqatsi.php
IMDB: tt0085809 Filmaffinity: 334386 Allocine: 33233 Rottentomatoes: m/koyaanisqatsi_life_out_of_balance Mojo: koyaanisqatsi Allmovie: v27685 TCM: 481055 TV.com: movies/koyaanisqatsi Netlix: 60023737Editar o valor em Wikidata

Koyaanisqatsi, tamén coñecido como Koyaanisqatsi: Life Out of Balance, é un filme experimental de 1982 dirixido por Godfrey Reggio. A música é obra de Philip Glass e a fotografía de Ron Fricke. O filme componse de escenas en slow motion e time-lapse de cidades e paisaxes naturais ó longo dos Estados Unidos de América. É un poema visual que non contén ningún diálogo nin narración: o seu sentido estabelécese pola xustaposición de imaxes e música. Reggio explicou a carencia de diálogo declarando "non é por falta de amor á lingua que estes filmes non teñen palabras. Débese, dende o meu punto de vista, a nosa linguaxe está nun estado de grande humillación. Xa non describe o mundo no que vivimos".[3] Na lingua hopi, a verba Koyaanisqatsi quere dicir "vida desequilibrada".[4] O filme é o primeiro da coñecida como triloxía Qatsi e foi seguido por Powaqqatsi (1988) e Naqoyqatsi (2002). A triloxía amosa diferentes aspectos da relación entre humanos, natureza e tecnoloxía. Koyaanisqatsi é o máis coñecido da triloxía e é considerado un filme de culto.[5] Porén, por mor de temas de dereitos de autoría, o filme estivo fóra de publicación durante a maior parte da década de 1990.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. British Board of Film Classification, ed. (1983). "KOYAANISQATSI (U)". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  2. Box Office Mojo (ed.). "Koyaanisqatsi (1983)". Internet Movie Database. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  3. Carson, Greg (director) (2002). Essence of Life (DVD). MGM Home Entertainment. 
  4. "Film: Koyaanisqatsi". Consultado o 26 de xaneiro de 2017. 
  5. The Michigan Daily (ed.). "Cult Koyaanisqatsi blends music, film" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  6. Spirit of Baraka, ed. (21 de maio de 2007). "Koyaanisqatsi". Consultado o 28 de maio de 2008. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]