Kosmos 140

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 140
TipoDemostrador tecnolóxico
Data de lanzamento7 de febreiro de 19676[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónProbas en órbita.[2][5]
Regreso9 de febreiro de 1967[1]
NSSDC ID1967-009A

Kosmos 140 ou Cosmos 140 foi unha misión espacial soviética lanzada sen tripulación o 7 de febreiro de 1967 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 140 foi a terceira Soiuz modelo 7K-OK lanzada á órbita. Foi enviada sen tripulación para facer diferentes probas en órbita con melloras aprendidas do voo da Kosmos 133. Ao igual que esta, Kosmos 140 era unha Soiuz 7K-OK pasiva pero que voaría en solitario. A nave foi posta en órbita sen problemas e inicialmente o voo pareceu transcorrer sen incidentes, pero na cuarta órbita a nave non fixo caso dos comandos enviados para poñela en modo de rotación cos paneis solares apuntando ao Sol e a telemetría indicou que se estaba usando demasiado propelente por parte do control de actitude, ademais de que o sistema de navegación por seguimento estelar non parecía ter fixada a estrela adecuada. Tomouse a decisión de subir a órbita da nave dos 238 km de apoxeo e 172 km de perixeo aos 310 x 220 km co fin de atrasar unha reentrada atmosférica prematura. Un segundo intento de poñer a xirar a nave fallou, polo que decidiuse que a Kosmos 140 debía volver a terra, para o que se lle enviaron os comandos adecuados de activación do motor para baixar a órbita e regresar. A Soiuz executou correctamente a manobra o 7 de febreiro, pero nunca se chegou a restablecer comunicación coa cápsula tras a reentrada. Tras catro horas de busca polos equipos de recuperación a cápsula foi atopada na superficie xeada do mar de Aral, moi lonxe do sitio previsto de descenso, coa cápsula baixo a superficie e o paracaídas nela. Máis tarde atopouse que a causa foi que a cápsula fixo unha reentrada balística, sen control, en lugar dunha reentrada controlada, que debería terlle proporcionado máis controlo do sitio de aterraxe. Peor aínda, a cápsula, deseñada para flotar en caso de caída no mar, afundírase. Os intentos de recuperación non tiveron éxito ata o 11 de febreiro.[2][3][4][5]

A análise da cápsula revelou un burato de 30 por 100 mm na parte inferior da cápsula que causou a súa descompresión primeiro e o seu afundimento despois. O burato foi causado á súa vez por un fallo estrutural do escudo térmico exectable que cubría o fondo da cápsula, escudo que tiña no seu centro un burato pechado cun parafuso recuberto de pegamento para acoller un sensor de temperatura. Aparentemente o parafuso desprenderase, deixando pasar os gases superquentes producidos na reentrada a través do escudo e perforando a parte inferior da cápsula. Se tivera estado tripulada, a tripulación tería falecido irremediablemente. A pesar deste e doutros fallos, decidiuse que o seguinte voo dunha Soiuz sería tripulado e con melloras para non repetirse os problemas, rematando na traxedia da Soiuz 1.[2][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 140" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Cosmos 140" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 7 April 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (67-08090 (E)). 12 de abril de 1967: 2. Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 9 (7K-OK, non docking)" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Kosmos-140: Paving the way to... disaster" (en inglés). Consultado o 17 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]