Kita-ku, Ōsaka
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kita-ku (北区, きたく) é un dos 24 barrios da cidade de Ōsaka no Xapón. O casco central deste barrio é Umeda, onde hai grandes almacéns e moitas tendas comerciais. Tamén moitas empresas xaponesas teñen oficinas neste barrio. Na illa de Nakanoshima está o concello de Ōsaka e a oficina do Banco do Xapón. Ten 10,33 km² de superficie e unha poboación de 97.263 habitantes (2011) e unha densidade de poboación de 9.415 h/km²[1].
Notas [editar]
- ↑ "Ward overview, Kita Ward Official Web Site" (en inglés). http://www.city.osaka.lg.jp/contents/wdu020/kita/english/outline.html. Consultado o 30-10-2011.