KeuPa HT Naiset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
KeuPa HT Naiset
Fundación2023
Cidade Keuruu,
Finlandia Central
Finlandia Finlandia
EstadioPeurungan jäähalli
(350 persoas)
LigaNaisten Suomi-sarja
AdestradorFinlandia Lauri Saari
CoresVermello, azul, branco e negro
                       
Na rede
https://www.keupa.fi/joukkueet/juniorit/keupa-ht-naiset/

O KeuPa HT Naiset ou simplemente KeuPa Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da localidade de Keuruu (Finlandia). O equipo foi fundado en 2023 e na tempada do seu debut conseguiu o ascenso dende a terceira categoría á Naisten Mestis logo de gañar todos os partidos do seu grupo (20) cun rexistro de 215 goles a favor e tan só 20 en contra, e finalizar a liga de promoción na segunda posición por detrás do PaRa (que xa disputara a Mestis esa tempada) cun rexistro de dúas vitorias e unha derrota, e con cinco goles anotados fronte a seis encaixados.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Durante a súa primeira tempada o KeuPa HT Naiset xogou os seus partidos como local no Peurungan jäähalli de Laukaa, un pavillón cunha pista de 26 x 56 metros e con capacidade para 350 persoas nas súas bancadas.[1]

Personalidades[editar | editar a fonte]

Xogadoras[editar | editar a fonte]

Capitás[editar | editar a fonte]

A primeira capitá do equipo foi Iidaliina Janatuinen durante a tempada 2023-24 da Naisten Suomi-sarja.[2]

Capitás do KeuPa HT Naiset
Nome(s) Período Iidaliina Janatuinen 2023-

Adestradoras[editar | editar a fonte]

Na primeira tempada do equipo Lauri Saari foi o encargado de dirixilo.[3]

Adestradores do KeuPa HT Naiset
Nome(s) Período
Lauri Saari 2023-

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Jäähalli" (en finés). Peurungan jäähalli. Consultado o 21 de abril de 2024. 
  2. "KeuPa HT - Team Captaincy History" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 21 de abril de 2024. 
  3. "KeuPa HT - Team Staff History" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 21 de abril de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]